Escoitar

A Academia Galega de Audiovisual presentou aos nominados para os premios Mestre Mateo

O Concello de Vigo foi escenario da presentación dos catro nominados en cada unha das categorías que participan na III Gala do Audiovisual Galego que terá lugar o domingo 20 de marzo no Auditorio de Caixanova.

mércores, 2 mar 2005
1109771541mateo.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, asistiu hoxe á presentación no Concello dos finalistas dos premios Mestre Mateo 2004, que organiza a Academia Galega do Audiovisual e terán lugar no Auditorio de Caixanova o domingo 20 de marzo. O acto contou coa presencia do presidente da Academia do Audiovisual, Manuel Gómez; o subdirector xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta, Enrique Murga; o director de TVG, Anxo Quintanilla; o director de programas da TVG, Carlos Carballo; a xerente da Academia, Mamen Quintas e membros da directiva da Academia do Audiovisual.

Corina Porro reclamou no acto mais presencia do audiovisual no sur de Galicia, un sector, dixo, "en auxe que crea cada vez máis traballo e riqueza pero que atopa máis apoios no norte". A alcaldesa destacou o bo momento do sector en Galicia e o recente recoñecemento aos nosos profesionais na última edición dos Goya. Ademais, destacou a importante presencia de profesionais en Vigo saídos do área Audiovisual da facultade de Ciencias Sociais e Comunicación e anunciou o convenio coa universidade para a creación da primeira "Film Comision" do sur de Galicia.

O presidente da Academia, Manuel Gómez, resaltou a absoluta confidencialidade e transparencia que seguirá o proceso de nominación e posterior entrega de premios, un proceso idéntico ao dos premios Goya e os Oscars. Destacou tamén o crecemento desta terceira Gala Audiovisual de Galicia na que 300 profesionais aspiran aos premios en 25 categorías e onde hai mais de 30 productoras involucradas cun total de 89 produccións.

En opinión de Enrique Murga, subdirector xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta, esta terceira gala "é reflexo do crecemento, dinamismo e boa saúde do audiovisual galego". Enrique Murga afirmou que este tipo de acontecementos son de grande importancia para incrementar o prestixio do sector en Galicia.
1109771541mateo.jpg
1109771597mateotodos.jpg
Descargar todas as imaxes