Escoitar

Participación Cidadá solicita axudas para a creación de catro telecentros en asociacións veciñais da cidade

As asociacións de veciños de Sampaio, San Andrés de Comesaña, Matamá e San Xoan Poulo aspiran a unha subvención do programa Telecentros.es para a instalación dunha conexión a internet de banda ancha e equipos informáticos nos seus locais.

martes, 1 mar 2005
1109686122Sampaio.jpg
O departamento de Participación Cidadá do Concello de Vigo solicitou a adhesión ao programa "Puntos de acceso públicos a Internet II" (Telecentros.es) coordinado pola Deputación de Pontevedra e que ven a reforzar e ampliar o despregamento posto en marcha no programa "Internet Rural".

O obxecto do novo programa é promover o acceso e a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións en aqueles Entes Locais situados en zonas desfavorecidas ou con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías. Deste xeito esténdese o ámbito de actuación do programa Internet Rural permitindo aos cidadáns que habitan nos núcleos desfavorecidos, tanto rurais como urbanos, acceder a Internet en banda ancha.

En concreto, o servizo de Participación Cidadá pediu a creación dun telecentro en catro asociacións veciñais viguesas: a de Sampaio, San Andrés de Comesaña, Matamá e San Xoan Poulo. Os Telecentros van equipados cunha conexión WiFi (inalámbrica), 3 ordenadores e 3 terminais de conexión a Internet ADSL e unha impresora láser A4.

O Concello asume o mobiliario e instalación eléctrica e as asociacións comprométense ao mantemento dos equipos durante tres anos e abrir o telecentro nos horarios estipulados (un mínimo de 30 horas semanais). O Concello ofrece tamén un curso de formación en Internet e software para os responsables de cada un dos telecentros (en principio dous por asociación) e comprométese a dinamizar o proxecto con charlas e cursos ao longo do mesmo.
1109686122Sampaio.jpg
1109686142Sandres.jpg
1109686156Spoulo.jpg
1109686171Union1.jpg
Descargar todas as imaxes