Escoitar

Inicio das actividades do "Día Internacional da Muller"

Tres exposicións de fotografías e unha conferencias abren o programa de actividades organizadas pola concellería da Muller con motivo do "Día Internacional da Muller".

martes, 1 mar 2005
1109683355marcha2.jpg
Marcha Mundial da Mulleres
"Exposición gráfica da mobilización europea da Marcha Mundial das Mulleres" celebrada en Vigo o pasado mes de maio centra a mostra que o colectivo Violeta amosa na Casa das Mulleres en horario de 17:30 a 21:30 horas.

"Experiencias con el lapiz en mi juventud" de Pilar Duran é a exposición de fotos que poderase visitar durante todo o mes na sala situada na rúa Colombia, 17 en horario de 17.00 a 19.00 hora e que organiza
a vogalía da muller da Asociación Gallega de Amigos del Rocío de Vigo.

A secretaría da muller da Unión Comarcal de CC.OO amosa do 2 ao 13 de marzo unha exposición tamén de fotografía co título "Invisibles?" na Casa das Artes.

Por outra banda , Enriqueta Chicano Javega, presidenta da Federación de Mujeres Progresistas (Madrid), dará unha conferencia sobre a " Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero", ás 18 horas no aula sociocultural Caixa Galicia e que organiza a Asociación Mulleres Progresistas.
Descargar todas as imaxes