Carmelo del Castillo substitúe a Antonio Sotelo como xefe da Policía Local
A Xunta de Goberno aprobou a substitución de Antonio Sotelo por motivos de saúde. Sotelo conservará o rango de oficial e ocuparase da área de Educación Vial.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a substitución, por motivos de saúde, de José Antonio Sotelo como xefe da Policía Local por Carmelo del Castillo, que ata o de agora desempeñaba o posto de oficial do corpo.
José Antonio Sotelo conservará o rango de oficial e ademais ocuparase da área de Educación Vial. Coa incorporación de Sotelo, o Goberno Local quere reforzar e potenciar este área.
O novo xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, ten 56 anos e leva 20 como oficial no Concello de Vigo. Anteriormente ocupou durante 11 anos o posto de xefe da Policía Local. É licenciado en Dereito e profesor de Dereito Constitucional no Centro de Estudios Xurídicos.