Escoitar

Marta Iglesias reuniuse con colectivos de persoas con discapacidade

A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo o venres unha primeira reunión de contacto con representantes de colectivos de persoas con discapacidade e de Vitrasa co fin coñecer as necesidades do transporte adaptado.

venres, 25 feb 2005
1109342314marta1.jpeg
Marta Iglesias
A delegada manifestou que ésta foi unha primeira reunión para coñecer as necesidades destes colectivos en relación co transporte público e acordouse manter unha próxima xuntanza para avanzar sobre as demandas dos colectivos con discapacidade.

Na reunión estiveron representantes de FAMFIP, APAMP, Club deportivo AMFIV e ASEM que forman parte da comisión de transporte de mobilidade do Consello Local de Accesibilidade, e por parte de Vitrasa asistiron o director xeral da empresa, Juan Carlos Villarino , así como Juan Estevez e Nuria Borrega.

Por outra banda, a delegada de Benestar Social, Marta Iglesias visitou estes días todos os servicios municipais do area social e entrevistouse cos colectivos "Hoy por Mañana",AMFIV e Madro.
Descargar todas as imaxes