venres, 25 feb 2005
A 41ª edición do Concurso-Exposición da Camelia trae a Vigo a posibilidade de comprobar a gran variedade de tamaños, cores e formas desta planta tan adaptada ao clima atlántico, símbolo das Rías Baixas e presente nas nosas rúas e nos nosos parques.
venres, 25 feb 2005
A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo o venres unha primeira reunión de contacto con representantes de colectivos de persoas con discapacidade e de Vitrasa co fin coñecer as necesidades do transporte adaptado.
venres, 25 feb 2005
A concellería de Patrimonio Histórico, por medio do Centro de Artesanía Tradicional e Casa do Cesteiro, ten aberto o prazo de inscrición , ata o 4 de marzo, dos cursos de cestería tradicional de Galicia. Neste ano, ademais dos cursos habituais dirixidos a desempregados para formarse profesionalmente neste oficio artesano, convócanse cursos en horario de tarde dirixidos a todas aquelas persoas que, con ou sen relación coa Cestería, busquen unha aproximación ás técnicas e pezas da cestería tradicional de Galicia.
venres, 25 feb 2005
No número 31 da rúa López Mora, nunha edificación de altas e agudas torres facilmente recoñecible emprazase a Casa da Xuventude. Este centro de servizos totalmente gratuíto para a mocidade viguesa ofrece asesoramento personalizado principalmente en tres áreas: turismo, emprego e estudiantes.
venres, 25 feb 2005
As cinco semanas que dura este mes permiten extensos programas nas ludotecas cunha semana de vacacións escolares incluída. A maxia, os sentidos corporais, as expresións artísticas e a reconquista de Vigo, temas centrais dos programas.
venres, 25 feb 2005
O luns 28 de febreiro terá lugar no Concello de Vigo un Pleno extraordinario para tratar o asunto da concesión da medalla de ouro da cidade ao Complexo Hospitalario Xeral-Cíes con motivo do seu cinconta aniversario. A continuación celebrarase o Pleno ordinario da Corporación.
venres, 25 feb 2005
O luns, unha vez remate o pleno, reunese en sesión ordinaria a Xunta de Goberno Local que ,entre outros asuntos, tratará da adhesión do Concello ao convenio de colaboración para promoción do transporte publico accesible.