O Hospital Xeral, proposta para a medalla de ouro da cidade de Vigo
A xunta de voceiros tomou esta decisión que deberá ser ratificada polo Pleno da Corporación.
A Xunta de voceiros celebrada hoxe ao remate da Xerencia Municipal de Urbanismo e que serviu para fixar a orde do día do Pleno da Corporación que se celebra o próximo luns, acordou propor ao Hospital Xeral para a concesión da Medalla de Ouro da cidade. Esta decisión, consensuada por tódolos grupos políticos, deberá ser ratificada nun próximo Pleno da Corporación.
O Hospital Xeral celebra este ano o cincuenta aniversario da súa inauguración, un 16 de setembro de 1955, nomeado entón Residencia Sanitaria Almirante Vierna. Viviu neste medio século de traballo en defensa da saúde os importantes incrementos demográficos da cidade, o tránsito á democracia, os progresos económicos, sociais e culturais dun mundo agora interconectado.
Supuxo esta traxectoria a cabalo entre dous séculos o coñecemento de multitude de avances na ciencia médica, dos instrumentos, dos diagnósticos e do arsenal terapéutico. As propias enfermidades deron un xiro e xa non preocupan as de antes, pero si outras que non existían. Tamén, e mais importante, do paso da asistencia sanitaria pública a ser un dereito de todos e non un privilexio duns poucos.