A Xerencia de Urbanismo propón anular o convenio de cesión duns terreos afectados polo vial entre a avenida de Madrid e a de Castrelos
O Consello da Xerencia de Urbanismo propúxolle ao Pleno do Concello a declaración da nulidade do acordo plenario de 27 de novembro de 1992 sobre a cesión para vial de circunvalación concluído con "Miraflores Vigo, S.A.". Tamén se aprobou, entre outras medidas, levar á Xunta de Goberno Local a decisión de constituír a Xunta de Compensación do Plan Parcial Gandariña 2.
O Consello da Xerencia de Urbanismo resolveu hoxe xoves, co voto favorable do PP e a abstención dos grupos restantes, propolle ao Pleno do Concello a declaración da nulidade do acordo plenario de 27 de novembro de 1992, no que se ratificou o convenio asinado ese mesmo ano polo Concello e "Miraflores Vigo S.A.".
En virtude do convenio que se pretende anular, "Miraflores S.A." cedeulle ao Concello unha parcela de 16.482 metros cadrados sita na parroquia de Sárdoma, afectada pola expropiación do vial de circunvalación entre a avenida de Madrid e a de Castrelos. Agora, a Xerencia propón iniciar un novo expediente de revisión de oficio para declarar nulo dito convenio e fixar as indemnizacións que proceda recoñecerlle a "Miraflores S.A.".
Por outra parte, o Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou levar á Xunta de Goberno Local a decisión de constituír a Xunta de Compensación do Plan Parcial Gandariña 2.
Así mesmo, na sesión de hoxe resolveuse proporlle á Xunta de Goberno a aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización da Unidade de Actuación 2 Carrasqueira en Coruxo, promovido pola Xunta de Compensación dese polígono.
Ademais, a Xunta de Goberno Local deberá decidir, a proposta do Consello da Xerencia de Urbanismo, se se aproba a recepción parcial das obras de urbanización do polígono "UE IV-10 Ramón Nieto 4".
No tocante aos asuntos en que o Consello ten competencia resolutiva, acordouse por unanimidade anular dúas concesións provisionais de axudas, unha para a rehabilitación de cinco vivendas e dos seus elementos comúns na Praza da Constitución nº 11, e a outra, para a rehabilitación dun inmoble situado no 8-1º da rúa Méndez Núñez.
Descargar todas as imaxes