As ludotecas, a pleno rendemento no mes de marzo
As cinco semanas que dura este mes permiten extensos programas nas ludotecas cunha semana de vacacións escolares incluída. A maxia, os sentidos corporais, as expresións artísticas e a reconquista de Vigo, temas centrais dos programas.
Ludotecas coma a do Calvario na rúa Sagunto, abranguen varios temas centrais dando pé a actividades relacionadas co mundo da animación á lectura elaborando un conto, co universo dos sentidos corporais xogando con cada un deles, coa celebración do día do Pai e os regalos feitos con material de refugallo e sen deixar de lado a Semana Santa e a chegada da primavera onde as manualidades serán protagonistas.
Noutra ludoteca, a de Coia, adican gran parte da programación a ese universo dos sentidos a traverso da celebración dunhas olimpiadas con probas moi suxerentes: recoñecer aos compañeiros polo tacto, bó nariz para os perfumes, as voces dos nosos, percepción visual, ollos veloces, así comemos e así degustamos. O escenario do pavillón acorde coa actividade ambientado tamén cun medalleiro, podium e antorcha feitos polos socios.
E Lavadores mentres tanto profundizará nun mundo máxico, unha especie de escola para pequenos e pequenas magas, afortunados de seren os únicos que aprendan trucos con barallas, panos, cordas ou se convirtan en faquires ou xenios amosando estas cualidades nun festival de maxia a celebrar nesta sede que acolle a Asociación veciñal. Ademáis, por medio do xogo da oca xigante incidirase en aspectos necesarios da educación vial.
Nun aceno de achegar as distintas expresións artísticas aos cativos, na ludoteca de Coruxo se introduce a novidade das salas-museo: escultura, pintura, música, teatro, fotografía e infografía son algunhas das ofertas a desenvolver, dando a oportunidade aos usuarios de percorrer os diferentes obradoiros preparados para tales fins de xeito individual. A visita a un museo será o colofón deste programa que remata na Semana Santa.
Moito aprenderán sobre Cachamuíña, pero xogando, as nenas e nenos que acudan á ludoteca da Casa da Xuventude. Por medio da decoración do espacio, contacontos, un xogo de taboeiro e obradoiros de xardinería, barro, material de refugallo e cociña na época da reconquista de Vigo, os interesados porfundizarán nese momento histórico da cidade sen esforzo algún.