O Pleno ratifica por unanimidade a Medalla de Ouro para o Hospital Xeral
Os grupos municipais aprobaron por unanimidade a concesión da medalla de ouro da cidade de Vigo ao Hospital Xeral na sesión extraordinaria do Pleno celebrada no Concello.
Os grupos municipais aprobaron por unanimidade a concesión da medalla de ouro da cidade de Vigo ao Hospital Xeral na sesión extraordinaria do Pleno celebrada no Concello.
O Pleno da Corporación aprobou de maneira definitiva o orzamento xeral para o exercicio do ano 2005 do Concello e dos seus organismos autónomos. Ademais, saíu adiante a proposta de modificación do PXOM no relativo á ordenación de viais na zona de Meixoeiro-Bembrive.
O Pleno do Concello aprobou por unanimidade unha moción do BNG na que se esixe a Portos do Estado a cesión gratuíta dos terrenos da antiga Casa Mar para a construcción do Auditorio. Outra das mocións aprobadas, presentada polo PsdeG-PSOE, insta o Concello a elaborar un inventario de bens de titularidade municipal.
A Xunta de Goberno aprobou a substitución de Antonio Sotelo por motivos de saúde. Sotelo conservará o rango de oficial e ocuparase da área de Educación Vial.
A adhesión do Concello de Vigo ao convenio entre a FEMP e o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais en materia de accesibilidade ao transporte público permite a incorporación de 12 autobuses cunha subvención de 90.151 euros. A Xunta de Goberno aprobou así mesmo, en materia de muller, un convenio coa Rede de Mulleres Veciñais e outro con Feministas Independentes Galegas.
Visitas guiadas para os escolares, actividades infantís e cursos de formación para usuarios son algunhas das actividades programadas por Cultura, para desenvolver no mes de marzo nas instalacións da Biblioteca Central.
A XLI edición do Concurso-Exposición da Camelia, organizada pola concellaría de Cultura, reuniu, durante esta fin de semana pasada, a 43 expositores nas instalacións que a Zona Franca ten en Bouzas, procedentes non só de Galicia, senón tamén doutros lugares de España.