mércores, 2 mar 2005
                    O prazo de inscrición nos colexios públicos para os alumnos que o solicitan por primeira vez comeza o 16 de marzo e extenderase ata o 16 de abril. Os alumnos que xa estean matriculados e desexen reservar a súa praza para o vindeiro ano poden facelo xa mesmo e ata o próximo 10 de marzo. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2005
                    O Concello destinará 13.220 euros para financiar o III premio de investigación "Festa da Palabra" e para a coedición do número 20 da revista "Festa da Palabra-Investigación", de acordo co convenio asinado pola concelleira da Muller, Lucía Molares, coa asociación Feministas Independentes Galegas.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2005
                    A Corporación Municipal gardou un minuto de silencio por un novo caso de violencia de xénero.<br />
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2005
                    A Concellería de Xuventude está a acondicionar con persoal do programa BIAL un novo espazo, situado na rúa López de Neira, que substituirá ao Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, recentemente pechado  por rematar o contrato de aluguer que o Concello tiña subscrito cos propietarios.<br />
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2005
                    A compañía Ferroviaria de Murcia representa o xoves, ás 21 horas, a obra "Gesta de Papá Ubú" no auditorio municipal dentro da programación do Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Cultura.