Escoitar
Corina Porro desprazouse á alameda de Bouzas para decidir o seu emprazamento. A fachada orientarase cara a avenida de Orillamar

A alcaldesa visita o lugar onde se vai emprazar a pérgola de Jenaro de la Fuente

A alcaldesa, Corina Porro, desprazouse, na mañá do martes, ata a alameda de Bouzas para decidir o emprazamento da pérgola de Jenaro de la Fuente, que se vai trasladar a este barrio de Vigo. Corina Porro, acompañada de técnicos municipais e representantes da Asociación de Veciños de Bouzas, percorreu a alameda de Bouzas e decidiu o emprazamento. A fachada da pérgola orientarase cara a avenida de Orillamar.

martes, 1 mar 2005
1109684282fotopergola.jpeg
O goberno licitará a vindeira semana as obras para a reconstrucción e o traslado da pérgola, que comezarán en abril e que terán un prazo de execución de 6 meses. A obra estará rematada en novembro de 2005. Dentro do plan de aparcadoiros do Goberno Local, a Alameda de Bouzas vai contar tamén cun novo aparcadoiro soterrado.

O pasado 2 de febreiro, o Concello de Vigo e a Consellería de Política Territorial asinaron un convenio para a reconstrucción da Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas, que ten un orzamento de 250.000 euros.

A pérgola foi deseñada por Jenaro de la Fuente Álvarez no ano 1928 para a praza de Portugal, onde estivo emprazada ata a construcción do aparcadoiro. Na actualidade atopase almacenada en talleres municipais.
Descargar todas as imaxes