martes, 1 mar 2005
                    As asociacións de veciños de Sampaio, San Andrés de Comesaña, Matamá e San Xoan Poulo aspiran a unha subvención do programa Telecentros.es para a instalación dunha conexión a internet de banda ancha e equipos informáticos nos seus locais.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 1 mar 2005
                    Tres exposicións de fotografías e unha conferencias abren o programa de actividades organizadas pola concellería da Muller con motivo do "Día Internacional da Muller". 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 1 mar 2005
                    A Oficina Municipal de Voluntariado ofrece formación a persoas e entidades para a realización de actividades solidarias. En marzo haberá un curso de iniciación ao voluntariado, en abril terá lugar o curso de acompañamento en servizos sociais e agora estase a desenvolver un curso de xestores de voluntariado.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    Corina Porro desprazouse á alameda de Bouzas para decidir o seu emprazamento. A fachada orientarase cara a avenida de Orillamar
                    
                    martes, 1 mar 2005
                    A alcaldesa, Corina Porro, desprazouse, na mañá do martes, ata a alameda de Bouzas para decidir o emprazamento da pérgola de Jenaro de la Fuente, que se vai trasladar a este barrio de Vigo. Corina Porro, acompañada de técnicos municipais e representantes da Asociación de Veciños de Bouzas, percorreu a alameda de Bouzas e decidiu o emprazamento. A fachada da pérgola orientarase cara a  avenida de Orillamar.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    martes, 1 mar 2005
                    O Festival de Teatro Alternativo presenta o mércores, día 2 , á compañía Amaranto de Barcelona que representará a obra " "Cunca de sopa chine e un garfo", no auditorio municipal, ás 21 horas. O Festival, organizado pola concellería de Cultura, ofrece representacións ata o 12 de marzo.
                 
            
                                        
                
                    
                    Bando
                    
                    martes, 1 mar 2005
                    Con motivo da iniciación o día 21 de febreiro de 2005  das obras do Proxecto de  adaptación e humanización das rúas dos arredores da Praza de Compostela foi restrinxido o aparcadoiro na zona.