A compañía de teatro Amaranto sube a escena no Teatro Alternativo
O Festival de Teatro Alternativo presenta o mércores, día 2 , á compañía Amaranto de Barcelona que representará a obra " "Cunca de sopa chine e un garfo", no auditorio municipal, ás 21 horas. O Festival, organizado pola concellería de Cultura, ofrece representacións ata o 12 de marzo.
Cía Amaranto é un proxecto que une diferentes pezas artísticas cun tema central, o amor e o individuo. Dous performers íspense emocionalmente perante o público, unha artista plástica presenta as súas pezas (video-instalacións) en escena.
En "Cunca de sopa chine e un garfo"" Cía. Amaranto propón un espazo sincero e a comunicación directa co espectador. Unha proposta que se afasta da linguaxe convencional, anulando trama e personaxes. Un teatro que emprega a palabra coma unha linguaxe máis, e non coma voz narrativa.Unha posta en escena resultado da suma de distintas disciplinas artísticas.
Descargar todas as imaxes