Os votos favorables do PP aproban de maneira definitiva o orzamento municipal
O Pleno da Corporación aprobou de maneira definitiva o orzamento xeral para o exercicio do ano 2005 do Concello e dos seus organismos autónomos. Ademais, saíu adiante a proposta de modificación do PXOM no relativo á ordenación de viais na zona de Meixoeiro-Bembrive.
O Pleno da Corporación Municipal celebrado hoxe luns aprobou de maneira definitiva o orzamento xeral para o exercicio do ano 2005 do Concello e dos seus organismos autónomos. A medida contou cos votos favorables do PP, a abstención do PsdeG-PSOE e do PG e os votos en contra do BNG.
Ademais, o Pleno aprobou provisionalmente e de maneira unánime a modificación puntual número 26 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), relativa á ordenación de viais na zona de Meixoeiro-Bembrive e accesos ao Hospital do Meixoeiro, segundo a documentación final corrixida redactada polos servizos técnicos municipiais da Xerencia de Urbanismo.
Tamén no ámbito do Urbanismo, contou co respaldo de todo o Pleno a declaración de nulidade do acordo plenario do 27 de novembro de 1992, sobre o convenio de cesión de terrenos para un vial de circunvalación, concluído con "Miraflores Vigo S.A.". Polo mesmo acordo establécese a caducidade do procedemento e procédese á incoación dun novo expediente.
No apartado de Xestión Municipal, o Pleno aprobou por unanimidade a rectificación do inventario municipal de bens e dereitos no seu epígrafe 1, vías públicas, dando de baixa a rúa Figueirido no tramo que discorre dende a rúa Tui, nunha lonxitude de 55,66 metros liñais e nunha anchura de 5,42 metros.
Ademais, obtivo o respaldo de todos os grupos menos o PG, que se abstivo, a proposta de desafectación ao servizo público do elemento 2 do inmoble do Mercado Municipal de Cabral, sito na avenida Ramón Nieto na súa esquina coa rúa da Vía.
Descargar todas as imaxes