A Biblioteca Central amplía o seu programa de actividades para o mes de marzo
Visitas guiadas para os escolares, actividades infantís e cursos de formación para usuarios son algunhas das actividades programadas por Cultura, para desenvolver no mes de marzo nas instalacións da Biblioteca Central.
Deste xeito, as iniciativas impulsadas polo departamento dirixido por Ignacio López-Chaves Castro tratan non só de diversificar a oferta da biblioteca e de captar novos usuarios para as instalacións municipais, senón tamén pretenden fomentar os hábitos de lectura entre os asistentes.
Así, os martes, mércores e xoves terá lugar, de 10.00 a 12.00 horas, a visita de escolares procedentes de diferentes centros educativos de Vigo e a súa comarca. Nestas visitas guiadas, os participantes poderán coñecer o edificio e as súas diferentes seccións, como as dedicada ao público infantil e xuvenil, a sala de exposicións e a sala de lectura, entre outras.Ademais, os mércores tamén se poderá participar nos cursos de formación para usuarios, e no club de lectura.
Os cursos de formación para usuarios teñen o obxectivo de que os interesados coñezan todas as posibilidades e servizos que ofrece a biblioteca municipal.
Pola súa banda, no club de lectura, cuxo horario é de 17.00 a 18.00 horas, no mes de marzo se lerá a obra de Oliver Sacks "El hombre que confundió a su mujer con un sombrero".
Os sábados tamén continúan as actividades na Biblioteca Central, dirixidas especificamente para un público infantil. Así, o día 5 ás 11.00 horas, o programa previsto xirará arredor do conto "Kipper tu perrito preferido", de Mick Inkpen.
O sábado día 12, tamén as 11 horas, os rapaces asistentes poderán disfrutar coa proxección da película de Eic Maddern "El rey con orejas de caballo".
Ademais, durante o mes de marzo continúa a desenvolverse as actividades de inglés e que terán lugar ata o mes de maio. O obxectivo das actividades, impartidas pola profesora María Vidal Rodríguez-Sabio, licenciada en Filoloxía Inglesa, inclúen programación específica para nenos e para adultos.
En canto ás actividades dedicadas aos nenos, os xoves de 18.30 a 19.30 horas haberá un taller dirixido ós rapaces de entre 4 e 6 anos e os venres, de 18.30 a 19.30 horas, serán os rapaces de entre 7 e 10 anos os que poderán disfrutas coas actividades programadas.
Non obstante, os adultos tamén poden participar nas actividades de inglés deseñadas para eles, que teñen como obxectivo servir como ferramenta de aproximación e coñecemento dos fondos existentes na biblioteca nesta lingua.
Así, o taller de conversación en inglés, no que se debaterán temas de actualidade, desenvolverase os xoves de 17.00 as 18.30 horas.
Pola súa banda, o taller literario, no que se proporcionarán coñecementos da literatura anglosaxona nesa lingua, terá lugar os venres as 17.00 horas. Nesta actividade, que se desenvolverá ata o 27 de maio, os asistentes poden participar no club de lectura, centrado en obras da literatura anglosaxona, así como na reunión semanal para ler as obras que facilita a biblioteca e o seu posterior comentario en común.
Descargar todas as imaxes