Escoitar

Festival Alternativo de Teatro

A compañía Ferroviaria de Murcia representa o xoves, ás 21 horas, a obra "Gesta de Papá Ubú" no auditorio municipal dentro da programación do Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Cultura.

mércores, 2 mar 2005
1109772223ferrivioaria.jpg
Compañía Ferroviaria
Ubú é unha pantasma contrafeita e fachendosa que, nacida para ser marioneta dun teatriño de títeres blasfemo, percorre dende hai máis dun século os escenarios do mundo. Ubú engana, traizona, rouba, tortura, soxulga, escraviza, tiraniza, despreza, secuestra, extorsión, asasina, cunha alegre vileza só comparable coa súa covardía. Todo este repertorio de innobres actos, chega a producir en nós certo atractivo que pode ser perigoso. O creador de Ubú, Alfred Jarry, advertía que non se pode reducir Ubú ao que nos gustaría que fose: nin é o perfecto malvado, nin é o perfecto rebelde. A capacidade deste déspota caricaturizado de espertar a nosa simpatía non nos debe facer esquecer que Ubú só vive polo seu propio interese, e que malo sería o noso destino se caésemos nas súas mans.
A lóxica do tirano é aplastante, xa que deseña un universo pechado que, estendéndose de xeito infinito, quere terse por centro a si mesmo e como límite único e último á súa mesma pel. Todo alimenta ao tirano, e o tirano non produce outra cousa que o seu mesmo excremento.
Descargar todas as imaxes

Máis información