Escoitar

Xuventude acondiciona un novo espazo no centro da cidade

A Concellería de Xuventude está a acondicionar con persoal do programa BIAL un novo espazo, situado na rúa López de Neira, que substituirá ao Centro Xuvenil da Rúa Uruguai, recentemente pechado por rematar o contrato de aluguer que o Concello tiña subscrito cos propietarios.<br />

mércores, 2 mar 2005
O novo centro ofrecerá un servizo mellor que o anterior xa que o proxecto de reforma crea un local máis amplo cunhas condicións físicas bastante máis óptimas que o anterior, mantendo unha liña de traballo fundamental dentro dos servizos de información de xuventude que prioriza a descentralización da Casa da Xuventude creando novos espazos no centro da cidade.

Durante este período de obras e reformas, a oficiña móbil de información xuvenil, INFOBÚS, reforzará no posible os obxectivos de descentralización traballando cun horario máis amplo e cubrindo destinos de índole máis diversa:

 Centros de ensinanza pública. Estas visitas se realizan de xeito periódico e con carácter semanal. Son un referente o longo do curso escolar.
 Zona do centro urbano (concretamente na rúa Príncipe) onde estará tódolos venres para que o colectivo xove demande e pregunte polas cuestións que les interesan.
 A maiores do desenvolvido ao longo do ano, estes meses ábrese as visitas do infobús a todos aqueles centros, tanto públicos como privados, que así o soliciten (fax: 986.294934). Estas visitas concertadas inclúen unha breve charla do persoal técnico de información que pretenden difundir e achegar os recursos existentes na Concellería.