Escoitar

"Súbete ao Castro" presenta a súa programación para marzo e abril

Lucía Molares e Pilar Carneiro presentaron o programa de actividades que o área de Xuventude ten preparado para os meses de marzo e abril dentro da iniciativa "Súbete ao Castro". Este programa ten tres liñas principais: Castroensaios, Cibercastro e Castroescena.

venres, 4 mar 2005
1109945317poto.jpg
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe, xunto coa coordinadora do departamento de Xuventude, Pilar Carneiro, e o coordinador do programa "Súbete ao Castro", Xosé Ramón Mosquera Torres, a programación de actividades que o área de Xuventude ten deseñado para os meses de marzo e abril.

O obxectivo de dito programa é o de proporcionar aos mozos e mozas de Vigo un espazo alternativo e gratuíto no que se fomente a súa autonomía persoal e a súa integración social a través da participación en actividades socioculturais. Un espazo no que son protagonistas para propoñer e facer aquelas actividades que máis lles gustan e onde xuntarse e atopar a máis xente nova.

Dende o mes de outubro inscribironse no programa 400 mozos e mozas nos diversos cursos que se ofertaron nas programacións bimestrais, cunha media de 120 usuarios/as semanais nas actividades permanentes e unha media semanal de 6 grupos no local de ensaio.

"Súbete ao Castro" conta con tres liñas xerais de desenvolvemento de actividades:

Os Castroensaios: Este programa da cobertura ao interese dos mozos pola música dende o principio cunha formación musical básica, apoia aos grupos musicais de mozos cun espazo para ensaiar e dalles a posibilidade de difundir a súa música no escenario de Castroconcertos. Os cursos que se imparten: curso de técnica vocal, guitarra eléctrica, baixo e batería, teñen unha media de 37 alumnos por semana.

O Cibercastro: É un espazo no que se lle da relevancia aos temas relacionados coas novas tecnoloxías, principalmente coa informática tanto na parte formativa coma na lúdica. Os usuarios empregan de cotío o cíber para conectarse a internet, revisar o correo electrónico, chatear ou xogar en rede. Dase información e se lle proporciona axuda sobre temas informáticos tendo unha programoteca freeware a disposición dos usuarios/as. Puntualmente fanse torneos de xogos en rede (o último foi este Nadal) nos que eles mesmos deseñan a competición e as normas que rixen os xogos.

Castroescena: Tendo en conta o interese que existe entre a poboación xuvenil polo teatro e actividades relacionadas coa escena, este ano dende o Castro promoveronse unha serie de actividades: cursos de iniciación o teatro, curso monográfico de figurinismo, curso de creación de marionetas, obradoiros de malabares e de break-dance, etc. Neste apoio ao teatro hai un servizo de orientación teatral, un punto de información teatral e un espazo de ensaio de teatro para grupos.

Hai que destacar a creación da primeira liga de improvisación de xovenes afeccionados/as (L.I.X.A.) que estivo no último mes e medio disputándose en distintos institutos da cidade e que tivo unha asistencia de público de 650 persoas. A final da desta liga terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo ás 19:30 hs. no Auditorio do Concello.
As mozas, que eran unha menor porcentaxe dos usuarios das actividades, atoparon na actividade de Danza Oriental un gran punto de interese participando ate o de agora máis de 40 rapazas.

Actividades do mes de abril

No mes de abril e xunto coa programación de Noites Vivas haberá unha serie de actividades novas no espazo do Castro:

- Desafíos SMS
- Modding: Decora o teu PC
- Obradoiro de Expresión Corporal
- Obradoiro de Improvisación
- Obradoiro de Malabares
- A hora wiki (para facer páxinas web en grupo e colaboración)
- Danza Oriental
- Iniciación ó Retoque Fotográfico
- Campeonato de xogos na rede
Descargar todas as imaxes