"Una media de dos" no Festival Alternativo de Teatro
O próximo sábado 5 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo, a Compañía franco-catalana Cía. Pendiente ofrecerá o seu espectáculo de danza e teatro "Una media de dos".

Fundada por Mercedes Recacha e Ana Eulate en 1994, Compañía Pendiente co seu traballo reflicte unha búsqueda da fusión natural da danza coa xestualidade cotidiá. O encontro do corpo imaxinario co corpo cotidián é a fonte dunha linguaxe que vai a permitir unha peculiar confrontación co que nos rodea, dotando á escritura coreográfica dunha forte teatralidade.
A obra terá lugar o sábado a partir das 21 horas no Auditorio Municipal do Concello e a entrada será de 5 euros.
Descargar todas as imaxes
A obra terá lugar o sábado a partir das 21 horas no Auditorio Municipal do Concello e a entrada será de 5 euros.