Escoitar

Abel Caballero propón ao colectivo de sanitarios como Medalla da Cidade 2020

O alcalde de Vigo proporá ao colectivo de sanitarios como merecedores da Medalla da Cidade 2020 en recoñecemento ao seu servizo durante a pandemia do Covid-19. Xa hai seis propostas a Vigueses Distinguidos: Julio Picatoste, Carlota Corredera, Colexio Saladino Cortizo, IES Castelao, Iván Álvarez e Club Peña Trevinca.

luns, 22 xuñ 2020
O alcalde,  na convocatoria en defensa da Sanidade Pública no Cunqueiro.
O alcalde, na convocatoria en defensa da Sanidade Pública no Cunqueiro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que vai propoñer que a Medalla da Cidade 2020 sexa para o colectivo de sanitarios en recoñecemento de todo Vigo a súa labor durante a pandemia do Covid-19. Minutos antes do anuncio o alcalde acudiu á convocatorio en defensa da Sanidade Pública ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro.

“Estamos en débeda con eles e co seu traballo en primeira liña”, afirmou o rexedor antes de estender este galardón a “todos os ámbitos” da sanidade local. Caballero avanzou que gala de entrega dos Vigueses Distinguidos será o vindeiro mes de xullo. Xa están anunciados como propostas: Julio Picatoste, maxistrado xubilado; a xornalista Carlota Corredera; o Colexio Saladino Cortizo e o IES Castelao, ambos polo seu 50 aniversario; Iván Álvarez, policía nacional ferido nos disturbios de Cataluña, e o Club Peña Trevinca, que cumpre o seu 75 aniversario.

Descargar todas as imaxes