xoves, 25 xuñ 2020
Abel Caballero e Carmela Silva firmaron este xoves o convenio entre a Fundación MARCO e a Deputación de Pontevedra, dotado con 50.000 euros e enmarcado no compromiso coa cultura e a igualdade cara á presenza das mulleres artistas na programación do museo vigués.
xoves, 25 xuñ 2020
“Os libros deberían vivir nas rúas” apuntou o rexedor durante o acto de inauguración da XLVI Feira do Libro de Vigo, convidando á cidadanía a que se achegue ás casetas dunha edición que, aínda que con menos representación pode ser un exemplo para o resto de cidades polo que supón na recuperación da cultura e do libro. A escritora María Xosé Queizán leu o pregón da feira que se desenvolverá na rúa do Príncipe dende este 25 de xuño e ata o 4 de xullo.
xoves, 25 xuñ 2020
O Concello estenderá ata o próximo 30 de setembro a apertura da exposición "50 anos na arte de Diego Giráldez", en horario de 18,30 a 21,30 h. A mostra, interrompida polo estado de alarma, ofrece ao público unha visión xeral da súa produción artística e dos seus inicios como aprendiz na Escola de Artes e Oficios, alá polo ano 1969.