Escoitar

O alcalde apela ao civismo da cidadanía na noite de San Xoán

Caballero reiterou esta mañá que está "terminantemente prohibido" organizar cacharelas nos areais da cidade debido ao dano medioambiental que producen. Advertiu que haberá presencia policial nas praias e instou aos cidadáns a manter un comportamento cívico.

martes, 23 xuñ 2020

O alcalde apelou esta mañá ao comportamento cívico das persoas que se acheguen esta noite de San Xoán ás praias da cidade onde haberá vixiancia policial. Reiterou que "está terminantemente prohibido" organizar cacharelas nos areais e recordou que este ano esta limitación esténdese a todos os espazos da cidade debido unha norma sanitaria da Xunta de Galicia -autorizade competente nestes momentos -, unha decisión que o goberno local acata.

Alameda

Abel Caballero tamén deu conta este martes do bo funcionamento da semipeonalización permanente da Praza Compostela, que desde hoxe está restrinxida ao tráfico nos seus accesos desde Areal-Concepción Areal (accesos ao parking), Velázquez Moreno e Vitoria. Deste xeito, explicou, o Concello segue co proceso de establecer na cidade zonas peonís ou semipeonís de xeito estable.

Fontes

Ao longo do día desta xornada de martes poranse en funcionamento todas as fontes ornamentais da cidade, que foron paralizadas pola crise sanitaria. Desde ás dez desta mañá xa está funcionando o volcán de Coia.

Descargar todas as imaxes