Escoitar

O alcalde convida á cidade a gozar da XLVI Feira do Libro

A rúa do Príncipe acollerá máis de 55 sinaturas de autores dende este xoves, 25 de xuño, e ata o sábado 4 de xullo, nunha feira que contará coa presenza de 6 librerías e co pregón inaugural de María Xosé Queizán.

luns, 22 xuñ 2020
Momento da presentación diante do MARCO
Momento da presentación diante do MARCO

Durante a presentación da XLVI edición da Feira do Libro de Vigo, Abel Caballero destacou o labor dos libreiros e do sector como "importante plataforma de transmisión de cultura" e puxo en valor a situación do evento na rúa do Príncipe, diante do MARCO, "no corazón da cidade". Así, convidou a "todo Vigo" e a todos os municipios da contorna a achegarse a gozar da feira e da cultura do libro en Vigo.

Durante a presentación da feira, Xurxo Patiño, presidente da Agrupación de Libreiros de Vigo, detallou que haberá 6 librerías participantes e que se celebrarán 55 actividades, comezando co pregón a cargo de María Xosé Queizán. O evento desenvolverase establecedo tódalas medidas de seguridade e respectando as normas do distanciamento social, que impiden a celebración de presentación de novas obras pero non as sinaturas dos autores.

Na rolda de prensa participaron tamén Santos Héctor, en representación da Deputación de Pontevedra e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.

 

Descargar todas as imaxes