luns, 28 xan 2019
                    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o Laboratorio Europeo e Nacional de Biotoxinas Mariñas, no Edificio Citexvi do Campus Universitario de Vigo, xunto á ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo. O rexedor e a ministra coñeceron as instalacións  da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) e mantiveron un encontro coa directora e os profesionais do laboratorio.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 25 xan 2019
                    Logo desta nova e multitudinaria manifestación que percorreu o centro de Vigo, o alcalde louvou este venres o "importante nivel de compromiso" da poboación coa sanidade pública. "Era da maior importancia volver facer unha seria chamada de atención á deficiente política sanitaria da Xunta de Galicia na área sanitaria de Vigo", concluíu.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 21 xan 2019
                    Abel Caballero recibiu este luns aos representantes sindicais da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo ante a convocatoria da manifestación para o vindeiro xoves en defensa da sanidade pública. "A mellora da atención sanitaria é un dos obxectivos políticos da cidade", sinalou.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 7 xan 2019
                    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha xuntanza cos responsables do Colexio Oficial de Enfermeiras e Matronas para a celebración do Congreso Nacional de Matronas na cidade en maio de 2021. O rexedor brindou aos organizadores todo o apoio do Concello para acoller a importante cita.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    xoves, 27 dec 2018
                    Abel Caballero explicou que acudirá este xoves pola tarde á manifestación en favor da sanidade pública, convocada para as 20 horas no PAC da rúa Pizarro, reclamando "melloras na sanidade de Vigo, mellores centros de saúde e mellores PACS" e quixo recoñecer o valor dos profesionais que, tendo unha praza gañada e un prestixio, convocan este acto para "defender aos seus pacientes e aí estará o alcalde sumando na defensa da sanidade".  
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 26 dec 2018
                    A sesión ordinaria do pleno municipal de decembro acolleu a intervención dunha médico de familia que alertou da situación "extenuante" que sofren a diario na Atención Primaria e nos PACs da área de Vigo. Os concelleiros do PSOE e da Marea de Vigo votaron a favor de apoiar a convocatoria, o PP non pronunciouse.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 14 dec 2018
                    Abel Caballero reuniuse este venres con representantes dos Puntos de Atención Continuada de Vigo e da súa área metropolitana que lle trasladaron a "situación límite na que se atopan con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo". 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 9 nov 2018
                    O alcalde felicitou á organización na súa visita á instalación, presente na Porta do Sol durante este venres co obxectivo de achegar aos usuarios os servizos que ofrecen as farmacias. Na carpa pódese medir a presión arterial, calcular o risco cardiovascular, apoio para deixar de fumar ou o uso das insulinas. 
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    xoves, 4 out 2018
                    Logo de reunirse este xoves co comité de empresa do centro hospitalario, Abel Caballero ofreceu o seu respaldo aos 1.420 traballadores e 140.000 usuarios asignados ao centro hospitalario, que temen polo seu emprego e a súa asistencia sanitaria pola "indesexable presión" da Xunta de Galicia. O alcalde reclama á Xunta  solución a un "insuficiente" concerto con POVISA: "non voume quedar de brazos cruzados".
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 3 set 2018
                    As obras de mellora da rede de abastecemento que subministra auga ao colexio San Salvador de Teis están paralizadas pola Xunta de Galicia, segundo denunciou este luns o voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font.