O Concello mellorará a conexión co Álvaro Cunqueiro coa ampliación de 7 liñas e 3 novas lanzadeiras

martes, 12 feb 2019

O alcalde avanzou esta mañá unha remodelación do transporte público ao hospital para mellorar a conectividade e atender unha gran demanda cidadá. Nun primeiro momento, ampliaranse 7 liñas que chegarán ata o Álvaro Cunqueiro, ademais de implementar 3 lanzadeiras que prestarán servizo aos traballadores que teñen que estar ás 08,00 h no complexo hospitalario.

O alcalde traslada o apoio municipal á campaña "Ratios enfermeiras"

xoves, 7 feb 2019

Abel Caballero amosou o seu aval este xoves no Mercado do Calvario á campaña que desenvolve o sindicato Satse: Ratios enfermeiras coa que promoven unha proposición de lei para respectar o máximo número de pacientes por enfermeira. Un obxectivo que, en opinión do alcalde, "merece atención e apoio e traerei ao Pleno do Concello esta proposta para sometelo a consideración". Caballero anunciou que o seu goberno secundará esta proposición e avanzou que a trasladará á Federación Española de Municipios e Provincias porque "temos que dar aldabonazos para a mellora da sanidade pública".

O alcalde visita o Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas xunto á ministra de Sanidade

luns, 28 xan 2019

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o Laboratorio Europeo e Nacional de Biotoxinas Mariñas, no Edificio Citexvi do Campus Universitario de Vigo, xunto á ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo. O rexedor e a ministra coñeceron as instalacións da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) e mantiveron un encontro coa directora e os profesionais do laboratorio.

Caballero valora "a seria chamada de atención" que supuxo a manifestación contra a "deficiente política sanitaria da Xunta"

venres, 25 xan 2019

Logo desta nova e multitudinaria manifestación que percorreu o centro de Vigo, o alcalde louvou este venres o "importante nivel de compromiso" da poboación coa sanidade pública. "Era da maior importancia volver facer unha seria chamada de atención á deficiente política sanitaria da Xunta de Galicia na área sanitaria de Vigo", concluíu.

O alcalde súmase "á defensa da Sanidade de Vigo"

xoves, 27 dec 2018

Abel Caballero explicou que acudirá este xoves pola tarde á manifestación en favor da sanidade pública, convocada para as 20 horas no PAC da rúa Pizarro, reclamando "melloras na sanidade de Vigo, mellores centros de saúde e mellores PACS" e quixo recoñecer o valor dos profesionais que, tendo unha praza gañada e un prestixio, convocan este acto para "defender aos seus pacientes e aí estará o alcalde sumando na defensa da sanidade".