Escoitar

Caballero, sobre a folga en Atención Primaria: "Compartimos os seus obxectivos"

Abel Caballero manifestouse este mércores sobre o paro convocado polo persoal sanitario de Atención Primaria para hoxe, en demanda de máis medios, máis tempo para atender aos pacientes e un aumento do 25% no investimento en Atención Primaria. "Quero darlle todo o apoio do goberno de Vigo, todo o apoio da cidade, porque compartimos os seus obxectivos", afirmou o alcalde.

mércores, 19 xuñ 2019
O rexedor vigués sumouse á reivindicación dos facultativos de Atención Primaria e ve "preciso" máis medios, máis tempo con cada paciente, mellores instalacións e mellor material. Abel Caballero recordou que Vigo ten hoxe menos centros de saúde que antes da chegada do actual presidente da Xunta no ano 2009 e que o Concello cedeu á Xunta hai dez anos un solar para un ambulatorio en Bouzas que segue sen construírse.