A remodelación da Gran Vía permitirá duplicar as árbores no boulevard central
As obras de transformación da Gran Vía, financiadas con fondos EDUSI dentro do proxecto Vigo Vertical, arrancan hoxe cun orzamento de 5,1 millóns. O rexedor precisou que os primeiros traballos pasarán por transplantar de todas as árbores a Castrelos para repoñelas cando rematen as obras.
o alcalde deu conta hoxe martes do inicio das obras de rehabilitación e transformación da Gran Vía -desde María Berdiales e Venezuela -, un proxecto que inclúe a instalación de tres ramplas mecánicas no boulevard central. A primeira labor, explicou, será o transplante de todas as árbores e arbustos a Castrelos para a súa posterior reposición, unha vez rematada a obra. Ademais, nese momento vanse plantar máis exemplares, ata alcanzar o dobre das especies existentes na actualidade.
A partir do 25 de xuño, cortarase o tráfico en sentido descendente desde Venezuela ata a rúa Brasil. Deste xeito, dous carrís de sentido ascendente converteranse en dobre sentido (un para subir e outro para baixar). A partir do 20 de novembro, reabrirase a circulación con motivo do Nadal e despois das festas, retomarase a obra coas devanditas limitacións de tráfico.
Segundo explicou o rexedor, as obras rematarán en marzo ou abril, logo de aproximadamente oito meses de obras nos que se actuará en máis de 200 metros. O proxecto -enmarcado no Vigo Vertical e financiado con fondos EDUSI - ten un orzamento de 5,1 millóns e prevé a renovación completa das redes de saneamento, pluviais, abastecemento, rego, alumeado eléctrico, luminarias, pozos de conexións con edificios.
Na rolda de prensa, Caballero lamentou que non se poida acometer a reforma de toda a rúa ao mesmo tempo debido a "interferencias da Xunta por razóns políticas" o que freou as obras e obrigou a postergar a humanización do resto dos tramos o que ocasionará limitacións de tráfico por segunda vez.
Descargar todas as imaxes