Escoitar

O Concello abre a matrícula para as escolas municipais de Música, Teatro, Danza e ETRAD

Abel Caballero informou de que o alumnado do curso anterior xa pode matricularse, mentres que o prazo para os novos estará aberto desde o vindeiro 24 de xuño e poderá facerse on line ou de forma presencial. "As matrículas están moi subvencionadas, son prezos moi módicos, é alcanzable para todas as familias", apuntou.

martes, 18 xuñ 2019
O Concello de Vigo xa abriu os prazos de matrícula para o curso que comenza o vindeiro 1 de outubro nas escolas municipais de Música, Teatro, Danza e Artes Tradicionais, segundo informou este martes o alcalde en rolda de prensa.

Abel Caballero sinalou que o alumnado do curso anterior poderá matricularse durante o presente mes de xuño, mentres que os prazos para o novo alumnado será do 24 de xuño ao 6 de setembro, no caso de que o fagan on line (a través da web www.emmavigo.org), ou do 24 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro se o fan de forma presencial nas oficinas de cada escola municipal.

A Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV) ofrecer cursos de Música e Movemento para nenos de 4 a 7 anos, mentres que os alumnos a partir de 8 anos poder formarse en Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba, Canto e Percusión. A partir dos 14 anos, hai cursos de Música moderna (Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico e Teclado).

No caso da Escola Municipal de Música Folk e tradicional (E-TRAD), tamén hai Música e Movemento para nenos de 4 a 7 anos; Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada e Acordeón diatónico a partir de 8 anos.

Na Escola municipal de teatro (EMT) os cursos impartidos son os de Dramatización, para alumnos de 4 a 8 anos, e de Interpretación Básico, Medio y Avanzado desde o 9 anos. E por último, na Escola municipal de danza (EMD) existen curso de Música e movemento (de 4 a 7), Danza tradicional galega e Percusión tradicional (de 8 a 64), Danza moderna e Canto popular (a partir de 16) e Danza e percusión tradicional para la terceira idade (a partir de 65).

"As matrículas están moi subvencionadas, son prezos moi módicos, de tal modo que é alcanzable para todo o mundo, é unha forma de divulgación, de cultura, de aprendizaxe alcanzable a todas as familias, sexa cal sexa o seu nivel de ingresos", apuntou Caballero.