Escoitar

O Concello de Vigo abre un novo aparcamento gratuíto no barrio de Teis

Abel Caballero inaugurou este mércores o novo parking gratuíto habilitado na rúa Coutadas, xunto á piscina de Teis. O alcalde foi o encargado de cortar a cinta e abrir ao público o aparcamento.

mércores, 19 xuñ 2019
1560947161190619ParkingTeis_03.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o novo aparcamento gratuíto no barrio de Teis, que xa está a disposición dos veciños despois do tradicional corte da cinta.

Xa en rolda de prensa, o rexedor explicou que o parking está situado nunha parcela situada na rúa Coutadas. Trátase dunha zona pegada á piscina de Teis, cunha superficie total de 950 metros cadrados que permite habilitar 20 prazas de aparcamento.

O investimento municipal para a construción da infraestrutura foi de 75.725 euros e o prazo de execución, dous meses.

Obras
Ademais, o alcalde tamén informou das obras de cambio do firme nas rúas Carral, Victoria e Luis Taboada coa previsión de que estean finalizadas dentro dun mes. Teñen un orzamento de 150.000 euros e inclúe a instalación dunha capa de aglomerado pulido, igual ao xa existente na Praza de Compostela.
1560947161190619ParkingTeis_03.JPG
1560947174190619ParkingTeis_01.JPG
Descargar todas as imaxes