Escoitar

O alcalde traslada o seu "apoio total á Universidade de Vigo"

Abel Caballero e o reitor, Manuel Reigosa, mantiveron un encontro este mércores, no que tamén estivo presente o Delegado de Zona Franca, David Regades, e no que abordaron a cooperación entre ámbalas institucións.

mércores, 19 xuñ 2019
1560947286190719AlcaldeRectorRegades_02.JPG
Trala celebración da xuntanza, o rexedor explicou que a cooperación do Concello coa Universidade de Vigo se traduce nunha partida de 350.000 euros co obxectivo de dar apoio en transporte, nas bolsas de comedor e mesmo en axudas aos egresados para que poidan facer as súas prácticas en departamentos municipais "e niso seguiremos".

Así, Caballero trasladoulle a Manuel Reigosa o "noso apoio total nas súas propostas" e puxo en valor a capacidade do reitor para "entender o papel da universidade e a súa imbricación na cidade", polo que, apuntou, a "sintonía é total".

Manuel Reigosa agradeceu "extraordinariamente o apoio do Concello e de Zona Franca" e avanzou que seguirán cooperando nas cuestións que atinxen ao desenvolvemento da Universidade de Vigo
Descargar todas as imaxes