venres, 3 mai 2019
A rúa do Príncipe acolleu este venres unha iniciativa do Colexio San Miguel de Vigo para facer un chamamento á necesidade de coidar a hixiene das mans e evitar así o contaxio de enfermidades. O alcalde, Abel Caballero, participou no acto no que os escolares levaron a cabo unha "flash-mob" diante do museo MARCO con motivo do Día mundial do Lavado de Mans.
mércores, 27 mar 2019
Yolanda Pérez Duarte, delegada en Vigo da Asociación Española de Lipodistrofias leu este mércores no Pleno unha declaración institucional con motivo do Día Mundial destas enfermidades que se conmemora o 31 de marzo.
venres, 22 mar 2019
O alcalde, acompañado de Cristina Regojo, delegada en Galicia da Asociación Española contra a Meninxite e Afectados pola Enfermidade Meningocócica, presentou as xornadas nas que afectados de toda España compartirán o seu testemuño e no que a entidade expoñerá os seus programas de axuda ás familias.
venres, 15 mar 2019
Abel Caballero proporá ao colectivo para o galardón pola defensa "do interese común da cidade", xa que están a prestar un "inmenso servizo" a costa dos seus ingresos e de ser "obxecto de presións" por parte do SERGAS. "Quero que teñan o recoñecemento da cidade", afirmou o alcalde, que está "ao seu lado".
xoves, 14 mar 2019
Abel Caballero achegouse esta mañá á carpa instalada na rúa Príncipe con motivo do Día Mundial do Ril para concienciar á cidadanía da importancia da prevención. Baixo o lema Salud renal para todos en todas partes, profesionais sanitarios facilitaban ao público información sobre a enfermidade renal que afecta a 50.000 persoas en España e que está a avanzar de xeito preocupante, segundo advirte a OMS.
mércores, 13 mar 2019
Abel Caballero transmitiu este mércores o seu apoio aos traballadores da área sanitaria de Vigo pola súa loita en defensa da sanidade pública de calidade. "O meu goberno está moi orgulloso da súa loita e os seus éxitos serán os éxitos de todos os cidadáns de Vigo", sinalou.
luns, 11 mar 2019
O Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo volveu ver agravada a súa situación esta fin de semana ao quedarse cun médico menos -trasladado polo SERGAS-, por cuarta vez este ano. "Non é tolerable nin admisible", denunciou Abel Caballero, quen requiriu máis persoal á Xunta e recoñeceu o traballo dos profesionais.
luns, 11 mar 2019
A obesidade infantil, os novos tratamentos e a dieta Atlántica serán os temas centrais do encontro, presentado este luns en rolda de prensa coa participación do concelleiro Cayetano Rodríguez Escudero.
mércores, 27 feb 2019
O tres grupos municipais votaron a favor das peticións do sindicato Satse instando ao Goberno de España a un acordo vinculante para establecer unha dotación adecuada de enfermeiras que podan garantir unha atención segura á poboación.
xoves, 21 feb 2019
A Xunta de Galicia negou por carta a petición de venda ou cesión da parcela ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro na que o goberno municipal quere construír un aparcamento gratuíto. O alcalde anunciou hoxe que seguirá "coa tramitación oficial de petición" da mesma.