Escoitar

Profesionais de toda España comparten a súa experiencia no IV Congreso da Sociedade Galega de Feridas

Abel Caballero encomia a "extraordinaria profesionalidade e proximidade" da enfermería. O IV Congreso da Sociedade Galega de Feridas (SGH) acolle hoxe venres e mañá sábado en Vigo a profesionais de toda España para compartir as últimas técnicas e experiencias no tratamento das feridas crónicas.

venres, 13 set 2019
15686235731568379288feridas.JPG
O alcalde inaugurou esta mañá o evento lembrando a importancia destes profesionais especialmente "no proceso de envellecemento das sociedades que estamos a vivir".Caballero encomiou a "extraordinaria
profesionalidade dos enfermeiros en España e a proximidade que son capaces de transmitir aos pacientes".

Animou aos participantes do congreso a "establecer novos contactos persoais con outros profesionais" e manter este interese pola formación continua. O rexedor rexeitou ademais os recortes no ámbito sanitario xa que "ningunha crise é argumento suficiente para recortar recursos tan esenciais como son os da sanidade".

O congreso foi inaugurado por Juan Antonio Jiménez, presidente do comité organizador do congreso e vicepresidente da SGH, que destacou o alto nivel dos relatores e o valor de estar todos os profesionais deste ámbito "sempre unidos e nunca en competencia".

Na inauguración participaron tamén Pilar Reza Castiñeiras, directora de Procesos de Enfermería da EOXI de Vigo, e Carlos Fernández, presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes