Escoitar

O Concello pon en marcha o concurso "Vigo en Vivo" para promover bandas musicais locais

O alcalde de Vigo informou este mércores de que o Concello de Vigo puxo en marcha o concurso "Vigo en Vigo 2019" co obxectivo de promover as bandas de música locais. O certame terá como escenario a Praza da Constitución, onde un total de 14 grupos actuarán entre o 13 e o 27 de setembro.

xoves, 12 set 2019
O Concello de Vigo puxo en marcha o "Concurso de Música Vigo en Vigo 2019" co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo por parte de bandas de música local sen disco propio.

A iniciativa, segundo informou Abel Caballero, levarase a cabo na Praza da Constitución durante os días 13, 14, 20, 21 y 27 de setembro, sempre a mesma hora (20:00 horas), e cada grupo deberá tocar como mínimo un tema propio e tres versións, cunha duración máxima de 15/20 minutos.

"Seguimos a apoiar á música da cidade e os grupos locais", sinalou o alcalde durante a rolda de prensa. Segundo explicou, o tema propio de cada banda será gravado e se subirá á web de vigosonico.org.

Unha vez subidos todos os temas haberá unha votación popular na páxina web vigosonico.org. Os votos dos usuarios valerán o 50% e outro 50% será de un xurado de persoas recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da música.

Da ronda de votacións sairán os seis finalistas que tocarán nunha gala final da que sairán os tres gañadores.

Calendario de grupos e xurados:
◦ 13 setembro: Rusty Bones / Tai G / María Canosa (invitado e xurado: Maldito Murphy)
◦ 14 setembro: Tinta / Lyer & Dj Mirage / (invitado e xurado: Frans Bansfield)
◦ 20 setembro: Dioivo / Purplefly / Blue Sunflowers (invitado e xurado: Daniel Rodríguez)
◦ 21 setembro: Marlowe / Ronseya / Grupo NÓS (invitado e xurado: Mario Rivergood)
◦ 27 setembro: Ensamble Verxel / Keren Hapuc / Ash Santos (invitado e xurado: Mond Band)

Premios:
◦ 1º.- Gravación de 3 maquetas en Vigosónico e realización dun videoclip do tema
◦ 2º.- Gravación de 2 maquetas en Vigosónico
◦ 3º.- Gravación de 1 maqueta en Vigosónico