Vigo manda na nova disciplina de remo de mar co Trofeo Illas Cíes, este sábado en Bouzas
O remo de mar regresa a Bouzas por segundo verán consecutivo para disputar o Trofeo Illas Cíes de remo de mar, que ademais será Campionato de Galicia da modalidade para skiff e dobre scull. A praia do Adro será o punto de chegada, mentres que as regatas disputaranse ante o espigón, podendo seguirse dende o paseo.
En rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o evento, que se disputará nun só día, este sábado, en xornada matinal para as categorías de formación (10:00 horas) e na vespertina (15:00) para as restantes. O rexedor, que aplaudiu o deseño do cartel, apoiou o campionato: "A nosa invitación para que a cidade vaia a ver as probas deste evento que por segundo ano facemos", dixo.
Esta segunda edición mellora á primeira en número de remeiros (de 137 en 2018 a 203 agora) e de embarcacións (de 90 a 143). Un éxito "para un deporte tan minoritario como esta disciplina do remo de mar, que está empezando e que conseguimos que cada ano sexa máis grande", lembrou Celia Cabrera, presidenta da Asociación Amigos do Remo, que organiza esta gran cita ibérica co Club de Remo Vigo. Tripulacións de toda Galicia, de Málaga e de Portugal) acoden ao trofeo internacional. Haberá remeiros de idades comprendidas entre os 7 e os 68 anos.
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o deputado provincial Santos Héctor, o presidente do Remo Vigo, Manuel Rodríguez, e o vicepresidente e o vicecomodoro do Liceo de Bouzas, Manuel Veiga e Jorge Barbosa, acompañaron ao alcalde na presentación. A entrega de premios matinal será a pé de praia, mentres que a das competicións xuvenís, de veteranos e sénior, e a de mellor club masculino e feminino, terá lugar polo serán no Liceo Marítimo de Bouzas.
"Queremos seguir apostando por este evento e ser pioneros en Galicia; creemos tamén que esta modalidade é unha disciplina máis visible para a cidade", dixo Cabrera, pois a liña de meta se instala na propia praia. As probas vespertinas están programadas para uns 4 quilómetros, mentres que as matinales serán de 2.000 metros, salvo as de iniciación, máis curtas.
A organización conta, ademais, co patrocinio privado: Technonaval e Óptica Varela son as dúas firmas principais.
Descargar todas as imaxes