Caballero ofrece o apoio permanente do Concello de Vigo á Feira Mindtech
O alcalde de Vigo destacou a importancia da Feira Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair) como polo de atracción empresarial e de emprendemento. O evento inaugurouse este martes no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) coa presenza de profesionais do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e tecnoloxías asociadas.
Abel Caballero ofreceu este martes o apoio do Concello de Vigo á Feira Mindtech (Metal Industry and Technologies International Trade Fair) na inauguración da cita empresarial como polo de atracción económica, de innovación e emprendemento.
"Felicitacións pola iniciativa, non é fácil, quero recoñecer o enorme esforzo por tender pontes, alianzas, unha tela que constitúe Mindtech para que a afluencia sexa importante. Xa sabíamos que ía ser un éxito, porque significades unha forma de entender a economía, vocación de polo ibérico", indicou o alcalde de Vigo durante o seu discurso.
Mindtech, que se vai celebrar do 10 ao 12 de setembro no Instituto Feiral de Vigo, nace coa vocación de ser un referente do sector industrial do Polo Ibérico, España, Portugal e Marruecos. Impulsada pola patronal do metal Asime, a cita debuta con máis de 200 expositores do ámbito nacional e internacional.
"Desde Vigo estaremos apoiando e desexando o mellor, aplaudindo os vosos esforzos, sentimos orgullo e sabemos que o compartimos", apuntou o alcalde antes de vaticinar "moi bos resultados" para esta "forma extraordinaria de lanzar emprendemento e coordinar a investigación".
Descargar todas as imaxes