Caballero defende que a súa revalidación como presidente da FEMP "referenda a Vigo como modelo político"<br />
O alcalde destacou esta mañá a importancia de que Vigo siga a liderar a todos os concellos de España desde a FEMP porque demostra que as políticas desenvolvidas nesta cidade son un "modelo de éxito". Agradeceu a confianza do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, para ser presidente da federación os próximos catro anos.
O alcalde de Vigo asegurou esta mañá que a súa revalidación como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) supón que a cidade sexa referendada como un "modelo político a seguir" para os concellos españois. En rolda de prensa, remarcou que las políticas desenvolvidas en Vigo convertéronse "nun modelo de éxito", unha situación da que a cidade debe sentirse "moi orgullosa".
Caballero agradeceu ao presidente en funcións e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, a súa confianza para continuar ao fronte da FEMP o que permitirá que Vigo "encabece a todos os concellos de España" . A decisión será efectiva o próximo 21 de setembro, durante a celebración do 12º Pleno da FEMP, cando se elixirán as candidaturas dos equipos que liderarán a federación durante os próximos catro anos.