O goberno local restrinxe os baldeos de agua nas rúas de Vigo como medida de aforro
Abel Caballero anunciou este luns que a partir de esta semana os baldeos de auga nas rúas quedarán reducidos a días alternos como medida de aforro de auga. O nivel de ocupación nos embalses de Eiras e Zamáns seguen por riba dos rexistros do ano pasado e o alcalde insistiu en solicitar consumo responsable.
Os baldeos de auga nas rúas de Vigo quedarán reducidos esta semana, de forma que unicamente se levarán a cabo en días alternos. Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Cablallero, en rolda de prensa tras informar do estado das presas que abastecen a cidade.
Agora mesmo Eiras atópase ao 79,05% -mellor que o ano pasado (78,82%)- e Zamáns está ao 74% (67% o ano pasado). "Estamos mellor que hai un ano, cando xa fora bo, pero agora mesmo empezamos a tomar medidas", sinalou o rexedor.
"Esta medida é extensible a todos os municipios aos que subministramos auga", explicou. Caballero tamén indicou que no momento en que o nivel de ocupación chegue ao 70 por cento serán eliminados totalmente os baldeos.