Comezan os cursos preparatorios para os 900 estudantes que gozarán do programa Vigo en Inglés

Os 900 estudantes que este ano viaxarán a Reino Unido e Irlanda dentro do programa Vigo en Inglés xa están a recibir a formación previa precisa antes de iniciar a marcha, prevista entre o 16 e o 23 de setembro. O Concello inviste nesta iniciativa 2.045.000 euros.

luns, 9 set 2019
1568030873becas2.JPG
O alcalde saudou esta mañá a un centenar dos novecentos estudantes que gozarán do programa municipal Vigo en inglés. No IES Castro, estes alumnos recibiron formación preparatoria para estadía de tres semanas que van emprender este mesmo mes, con saídas desde o 16 ata o 23 de setembro.

Tal e como explicou o rexedor, este ano viaxarán todos os solicitantes que cumprían cos requisitos da convocatoria, lo que o número de bolsas ascende a 900 ás que hai que sumar outras cen da Escola Oficial de Idiomas. Cun orzamento de 2.045.000 euros, estes estudantes gozarán dunha estancia de tres semanas en 54 centros educativos de 50 localidades do Reino Unido e Irlanda para aprender inglés en réxime de integración escolar con alumnado nativo.
Descargar todas as imaxes