Escoitar

Caballero da instrucións "taxativas" para que os autobuses urbanos baixen a rampla se o solicita unha persoa con discapacidade

O alcalde de Vigo avanzou que o Concello de Vigo reformará a ordenanza para incluír a utilización dos mecanismos de acceso ao transporte cando se dan circunstancias como as de viaxeiros con andadores.

venres, 13 set 2019
O Concello de Vigo reformará o regulamento sobre o uso do transporte urbano para que as persoas con mobilidade reducida poidan utilizar as ramplas de acceso ao autobús público. Así o comunicou este venres o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

"Persoas con discapacidade, señora con andador... din instrucións taxativas e inmediatas á empresa para que as ramplas baixen de forma obrigada cada vez que alguén o solicite e que teña unha discapacidade visible, cun andador, xa nin digamos cadeira de rodas, alguén con muletas que non poida subir...", sinalou o rexedor.

Caballero explicou que "vamos a reformar a ordenanza para facelo obrigatorio, de tal modo que a xente que o solicite poderá utilizar este sistema cunhas tarxetas para que sexa posible".