Caballero saúda aos 400 escolares que participaron nun obradoiro de nutrición saudable no Auditorio Mar de Vigo

xoves, 1 mar 2018

O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo onde preto de 400 escolares de distintos centros da cidade participaban nun programa de actividades sobre nutrición saudable. En colaboración con Eroski, o Concello apoia este tipo de obradoiros que teñen por obxectivo fomentar a alimentación equilibrada entre os máis novos. <br />

O alcalde pide unha "solución inmediata" para acabar co colapso nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

luns, 26 feb 2018

Abel Caballero reuniuse este luns co persoal do centro médico vigués Álvaro Cunqueiro para coñecer a situación na que se atopan. Os traballadores trasladáronlle ao alcalde as carencias de persoal, material e medios para poder desempeñar a súa labor diaria. Ademais, relataron os desprazamentos que deben facer no interior do hospital para trasladar aos pacientes.