Escoitar

O Pleno apoia a marcha en defensa da Atención Primaria e a Sanidade Pública en Vigo

A sesión ordinaria do pleno municipal de decembro acolleu a intervención dunha médico de familia que alertou da situación "extenuante" que sofren a diario na Atención Primaria e nos PACs da área de Vigo. Os concelleiros do PSOE e da Marea de Vigo votaron a favor de apoiar a convocatoria, o PP non pronunciouse.

mércores, 26 dec 2018
"Non hai médicos que queiran traballar aquí, non ofertan contratos atractivos, rozan a escravitude, non temos traballadores suficientes para ofrecer á poboación a cobertura sanitaria". Elisa Ausín Rodríguez, médico de Familia en centros de saúde desde 2002, ou como ela mesa definiuse médico especialista en urxencias extrahospitalarias, compareceu no Pleno da Corporación Municipal para explicar a situación actual da Atención Primaria e dos PACs na área de Vigo.

A intervención da doutora acabou coa votación por parte da Coroporación dunha proposta do alcalde, Abel Caballero, para apoiar a marcha convocada para este xoves, ás 20:00 horas, desde o Hospital Xeral de Vigo. A proposta foi apoiada polos concelleiros do PSOE e da Marea, mentres que o PP non votou e mostrouse a súa disconformidade co procedemento por non estar previsto na orde do día.

Previamente, Elisa Ausín describiu a situación diaria que padecen os traballadores da atención sanitaria. "A política sanitaria de recortes da Xunta levounos a esta situación, non hai médicos e a previsión apunta a que va a ir a peor nos vindeiros anos", sinalou.

A doutora tamén puxo de manifesto o "estrés e ansiedade que provocan baixas laborais, é a pescada que morde a cola". Igualmente, relatou o que eles denomina como "axenda chicle", posto que comezan a xornada con 37 citas e poden acabar atendendo a 67 pacientes.

"Privan aos traballadores dos servicios básicos e negan dereitos, temos os complementos conxelados no soldo desde hai dez anos, a atención é excelente gracias ao esforzo de uns traballadores que están ao borde da extenuación", dixo Elisa Ausín.

"Clara e brillante"
O alcalde, Abel Caballero, definiu a intervención como "clara e brillante" e o edil Rubén Pérez amosou o apoio do grupo municipal da Marea de Vigo aos traballadores da sanidade para manifestarse este xoves polas rúas de Vigo.

Pola súa banda, o concelleiro Ángel Piñeiro explicou que o modelo organizativo actual "deu cobertura a miles de galegos, co esforzo de todos os profesionais e coa creación de centros de saúde, logrou un gran cambio na sanidade viguesa co novo hospital e a xerencia única".

O socialista Cayetano Rodriguez indicou que "non falamos dunha crise de profesionais, é algo máis, é unha crise global, sistémica da sanidade pública en Galicia" e sinalou que "non pasa en todos os sitios, se os profesionais marchan de Galicia é porque a condicións de contratación son peores que en outros sitios, as evidencias o avalan, o demais é mentir".