xoves, 27 dec 2018
O alcalde supervisou hoxe xoves a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela.
xoves, 27 dec 2018
Abel Caballero explicou que acudirá este xoves pola tarde á manifestación en favor da sanidade pública, convocada para as 20 horas no PAC da rúa Pizarro, reclamando "melloras na sanidade de Vigo, mellores centros de saúde e mellores PACS" e quixo recoñecer o valor dos profesionais que, tendo unha praza gañada e un prestixio, convocan este acto para "defender aos seus pacientes e aí estará o alcalde sumando na defensa da sanidade".
xoves, 27 dec 2018
Abel Caballero participou este xoves na presentación do espectáculo dirixido polos músicos vigueses Álvaro e Suso Costas. MITIC reconverte a gaita nas voces e instrumentos dos máis grandes músicos e grupos do século XX, desde Sinatra ata Queen.
xoves, 27 dec 2018
O alcalde participou este xoves na entrega de premios do concurso "Adornos de Nadal" con materiais reciclados, nos cines da Plaza E, dirixido a alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria. Abel Caballero trasladou aos rapaces a importancia da reciclaxe.