O rexedor eloxia a calidade do espectáculo MITIC, que encherá este venres o teatro Afundación
Abel Caballero participou este xoves na presentación do espectáculo dirixido polos músicos vigueses Álvaro e Suso Costas. MITIC reconverte a gaita nas voces e instrumentos dos máis grandes músicos e grupos do século XX, desde Sinatra ata Queen.
Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou unha proposta cultural "única e orixinal", pensada para todos os públicos e que supón unha homenaxe, a través da gaita, ás maiores lendas da música, como poden ser Frank Sinatra, los Beatles, Queen ou Ennio Morricone.
MITIC é o proxecto de expansión do instrumento mais emblemático da nosa terra, a gaita, a través dun espectáculo musical único, orixinal e pioneiro, dirixido e producido polos recoñecidos músicos vigueses Álvaro e Suso Costas, que será capaz de sorprender e emocionar a todos os públicos, especialmente a todos os que non son afeccionados nin á gaita , nin á música celta ou de raíz.
Trátase do primeiro espectáculo musical encabezado por unha gaita, onde este instrumento rompe a etiqueta de "tradicional" para converterse no violín de Candilejas, na guitarra de Brian May ou na voz de Frank Sinatra co seu inesquecible My way, nun paseo de 90 minutos polo pasado e o presente.
A vintena de artistas que participan en MITIC evocarán os anos 30, un tango ao son do Día que me queiras e lembrarán a Escarlata O´Hara co Tema de Tara. Os anos 60 chegarán da man de Audrey Hepburn e Moon River e da chegada do pop dos Beatles. Este é un show para todos os públicos, onde non quedarán indiferentes os máis rockeiros ao escoitar os primeiros acordes ochenteiros de The Final Countdown e vibrar ao son dos Guns ‘n’ Roses.
Descargar todas as imaxes