O rexedor inaugura a humanización de Marqués de Valterra que inclúe un ascensor panorámico
Cun investimento de máis de 870.000 euros, supón a renovación de pavimentos e redes de saneamento e abastecemento amais de permitir a conexión vertical de Torrecedeira e Marqués de Valterra e contar cun mural de arte urbana.
"Este é o Vigo Vertical, é o que queremos facer, a comodidade, a accesibilidade, a arte", apuntou Abel Caballero, durante o acto de inauguración celebrado este mércores.
A Fase II da humanización de Marqués de Valterra, entre Gaiteiro Ricardo Portela e Juan Ramón Jiménez, enmárcase no proxecto Vigo Vertical, financiado con Fondos Europeos de Desenvolvimiento Regional (FEDER) a través de EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible) e tivo un custo de 870.000 euros. A actuación principal comprendeu o aproveitamento do espazo público de transición da rúa Instituto Oceanográfico, entre Conde de Torrecedeira e a propia Marqués de Valterra, xerando unha praza peonil que serve como lugar aberto de esparexemento.
Amais da renovación das redes de servizos urbanos: saneamento, abastecemento, electricidade, rede de rego, iluminación con tecnoloxía led de baixo consumo, o Concello instalou un ascensor panorámico acristalado que conecta Torrecedeira e Marqués de Valterra salvando unha altura de 15 metros e integrou na obra un mural de arte urbana de 200 metros cuadrados, cuxo autor é Fernando Viscasillas, licenciado en Bellas Artes por la Universidad de La Laguna.
Descargar todas as imaxes