Escoitar

A Corporación pídelle a Feijóo que cese a súa estratexia de confrontación coa cidade

Coa aprobación da moción socialista, na que tamén se insta ao presidente da Xunta a retirar a candidatura que integra ás Cíes con outras illas para Patrimonio da UNESCO e solicítaselle que non insulte á cidade cando asiste a actos electorais. <br />

mércores, 26 dec 2018
O voceiro socialista, Carlos López Font, defendeu a moción sinalando a lista "numerosa" de agravios do presidente da Xunta que está nun "ataque permanente" á cidade "nun intento de paralizala" no que se converteu, dixo, nunha "estratexia política": o hospital cuxo aparcamento deben copagar os usuarios da sanidade, o boicot á área metropolitana ou o proceso de fusión das caixas de aforro.

A moción socialista aprobada por puntos insta a Feijóo a poñer fin á súa estratexia política, coa complicidade do PP de Vigo, de confrontación coa cidade e de boicotear todas as iniciativas propostas polo Goberno Municipal, punto aprobado co apoio de Marea de Vigo. Amais ínstase ao presidente da Xunta a retirar a candidatura que integra ás Cíes con outras illas para Patrimonio da Humanidade da UNESCO, punto rexeitado pola oposición, e pídeselle a Feijóo que non insulte á cidade cando asiste aos actos electorais para darlle cobertura á súa candidata, punto aprobado coa abstención de Marea de Vigo e o voto en contra dos populares.

Para o concelleiro popular Diego Gago, o grupo socialista non é "digno" de representar aos vigueses con estas mocións, mentres López Font replicou que "o único que denigra á cidade é Feijóo".