venres, 28 dec 2018
O alcalde participou na manifestación convocada polos profesionais sanitarios "para demandar mellor sanidade, mellor atención primaria e hospitalaria", unha saída "masiva" ás rúas de 37.000 persoas. Caballero agradeceu ao colectivo a súa defensa da sanidade pública viguesa e anunciou a súa presenza na concentración do 24 de xaneiro.
venres, 28 dec 2018
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de renovación do céspede e das instalacións dos campos de Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza e Baltasar Pujales. Amais, quedaron aprobadas as axudas á Sociedade Atlántida, Fútbol San Miguel e CD Valladares. Un total de 14 campos que mellorarán as súas instalacións coa axuda do Concello.
venres, 28 dec 2018
Trátanse da renovación e ampliación dos parques da alameda de Bouzas, de Jenaro de la Fuente e de Maruja Mallo, informou este venres o alcalde. Ademais, o Concello licitou a cobertura do patio do CEIP García Barbón e adxudicou a do colexio Canicouva.
venres, 28 dec 2018
O alcalde recibiu este venres ao novo decano e parte da directiva do Colexio de Procuradores de Vigo. O colectivo propuxo elaborar un protocolo para dar a coñecer ao Concello posibles casos de desafiuzamento "con moita antelación". O alcalde saudou a proposta: "gañaríamos tempo para tomar decisións".