O goberno de Vigo inviste 1,6 millóns de euros na mellora de cinco campos de fútbol
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de renovación do céspede e das instalacións dos campos de Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza e Baltasar Pujales. Amais, quedaron aprobadas as axudas á Sociedade Atlántida, Fútbol San Miguel e CD Valladares. Un total de 14 campos que mellorarán as súas instalacións coa axuda do Concello.
Abel Caballero informou este venres do acordo da Xunta de Goberno local para a adxudicación do contrato de obras de renovación de céspede artificial e instalacións nos campos de fútbol de Navia, do Meixoeiro, de Candeán, da Bouza e no Baltasar Pujales de Bouzas, que ascenderán a 1.612.000 euros.
Serán cinco obras "de realización rápida" cuxos orzamentos se distribúen da seguinte maneira: Navia 292.000.euros, Meixoeiro: 334.000 euros, Candeán: 340.000 euros, A Bouza: 277.000 euros e Baltasar Pujales: 367.000 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á resolución da convocatoria de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, orientadas á mellora dos campos de fútbol da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida para alumeado, ao CD Valladares e ao Club Fútbol San Miguel para a mellora do terreo de xogo.
O alcalde apuntou que o Concello ten en marcha proxectos para renovación do céspede artificial, mellora da instalación de auga quente e instalación de sistemas de eficiencia enerxética en outros catro campos: Sárdoma, A Guía, Monte da Mina e Carballa e prevé acometer melloras na superficie dos campos de Fragoselo e Cotogrande, un total de 14 campos que recibirán axuda municipal para atender as necesidades das súas instalacións.