O goberno de Vigo denuncia que a Xunta paraliza a mellora da rede de abastecemento en Teis
As obras de mellora da rede de abastecemento que subministra auga ao colexio San Salvador de Teis están paralizadas pola Xunta de Galicia, segundo denunciou este luns o voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font.
O Concello de Vigo denunciou este luns que a Xunta de Galicia ten paralizadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis e lembrou outra decena de actuacións que o goberno local non pode poñer en marcha debido aos atrancos do departamento autonómico de Patrimonio.
"Temos en marcha un proxecto para a mellora da rede de abastecemento e están paralizado dende hai tres meses pola Xunta", sinalou o voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font. O concelleiro destacou que un dos puntos que estaría beneficiado pola mellora é o colexio de San Salvador de Teis. "Precisamente un lugar que foi motivo das críticas do PP hai poucos meses", engadiu.
Font tamén lembrou que a Xunta ten bloqueadas en Vigo outras actuacións, como as humanizacións de Camelias e García Barbón ou os proxectos de Vigo Vertical para a Gran Vía e a reforma da Porta do Sol.
Zonificación escolar
Por outra banda, o edil reclamou a administración autonómica que poña solución aos problemas da zonificación escolar na cidade, xa que centos de nenos deben percorrer moitos quilómetros. "A Xunta ten que redistribuír aos alumnos con racionalidade e atendendo a criterios de proximidade, tendo en conta tamén a idade do alumnado que se despraza, de entre 11 e 12 anos, e a relación que ten que haber entre centros", explicou.
Font apuntou que a través do Consello Escolar Municipal, o goberno local xa solicitou cambios na zonificación e tamén ofreceu terreos no PAU de Navia para a construción dun novo centro escolar que evite o desprazamento de alumnos.
"O curso escolar está a punto de comezar e a Xunta segue sen dar solución a centos de nenos", apuntou antes de explicar que tamén persisten os problemas co transporte, posto que tres centros (Mosteiro, Paraixal e Eduardo Pondal) non teñen cobertura da administración autonómica e unicamente reciben axudas do Concello.
Descargar todas as imaxes