martes, 4 set 2018
Segundo explicou Caballero, o goberno vigués prepara unha ordenanza para aplicar no municipal o mesmo criterio que a Xunta no seu estacionamento no hospital. Cando estea lista a normativa, o Concello abonará aos vigueses o custo do aparcamento a través da PassVigo; mentres se elabora, o aparcamento será de acceso libre.
martes, 4 set 2018
A segunda conferencia do ciclo "Falemos das Illas Cíes" será este mércores ás 20:30 horas no gastrobar do Mercado do Berbés. A charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e divulgador científico, fundador do portal "Divulgare".
martes, 4 set 2018
O alcalde anunciou este martes a prórroga desta exposición no céntrico museo vigués pola súa boa acollida. A afluencia de visitantes está a ser "extraordinaria", indicou Caballero, con 8.000 visitas en xullo e máis de 10.000 no mes de agosto, datos "sen precedentes" no recinto expositivo.
martes, 4 set 2018
Abel Caballero participou este martes na presentación oficial de Iberconsa como novo patrocinador principal do AMFIV, o club vigués de baloncesto en cadeira de rodas, onde eloxiou á entidade deportiva e tamén a entrada da empresa neste proxecto de deporte e integración.
martes, 4 set 2018
A exposición manterase en Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).